Buscar/Hemeroteca

jueves, 22 de marzo de 2018

Para esta Semana Santa elixa establecementos co selo de Galicia Calidade

A só uns días do comezo das vacacións de Semana Santa, período no que se producirán millóns de desprazamentos e no que o turismo estará en pleno apoxeo, Galicia Calidade ofrece a todos aqueles que visiten a Comunidade Autónoma galega un abano de posibilidades en canto a aloxamento ou restauración se refire. 

Neste caso, o selo de calidade conta co Grupo ‘Lecer’, no que están agrupados 42 establecementos (hoteis, restaurantes, aloxamentos rurais e portos naúticos) de toda Galicia que durante estas datas ofrecen aos seus clientes diversas ofertas e descontos, dando paso á nova tempada de cara ao verán. 

Neste sentido, o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, afirma que “é fundamental que os turistas que visitan Galicia e que optan por aloxarse ou degustar a gastronomía galega nos establecementos certificados co selo de calidade vivan unha experiencia única, inigualable, que os anime a volver de novo á nosa comunidade”.

Ademais, hai tan só uns días lanzouse a edición de peto, en papel e en versión online, dun catálogo do Grupo Lecer, un formato moi práctico para que todo aquel que necesite información sobre os devanditos establecementos poida tela a man en calquera momento. Todos os interesados poden solicitala a través dunha mensaxe privada na páxina de Facebook de Galicia Calidade (envío por correo postal ata esgotar existencias) ou ben poden descargala desde a páxina web de www.galiciacalidadelecer.gal nun banner lateral dentro do apartado nun banner lateral dentro do apartado de “Campañas”. 

Os establecementos adheridos son os seguintes. A Cocurña: Bodeguilla de San lázaro • Bodeguilla de Santa marta • Hotel Blue Coruña • Hotel Monumento Pazo do río • Hotel Pazo de Altamira • La Postreria • Mesón A Cepa • Curro da parra • Rincón da Baiúca • Restaurante Bido • Restaurante Cantina río covés • Restaurante Chicolino • Restaurante El Refugio • Restaurante Finisterrae Casa de los peces • Restaurante Finisterrae La Torre 

Pontevedra: Bar Berberecho • Casa de Cacheiro • Casa rural Abadía Eiras • Casa Vixide • Eirado da leña • Hotel Augusta Spa Resort • Hotel Bosque Mar • Hotel Campomar • Hotel Rotilio • Hotel Spa Nanín Playa • Porto Deportivo Xoán Carlos I • Restaurante Carmen • Restaurante Mardivino Asador • Restaurante Yayo Daporta • Talaso Hotel Louxo La Toja.

Lugo: A Parada das Bestas • Casa das Xacias • Hotel Alfonso IX • Hotel Ego-Restaurante Nito • Restaurante A Mirandilla • Restaurante España • Restaurante O Grelo e en Ourense, Bar Tamarindo • Restaurante A Carballeira • Restaurante A Taberna • Restaurante El Coto • Restaurante O Barazal -Pazo Almuzara

No hay comentarios: