Os viños do morrazo estrean IXP



Tras varios anos de tramitación, a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo é por fin unha realidade tralo visto bo recibido por Bruselas. Un paso fundamental para unha zona de gran potencial, que facilitará a comercialización das bodegas existentes e de seguro propiciará a aparición doutras novas.

Falamos con Guillermo Martínez, propietario da bodega “Os Areeiros” de Vilaboa e un dos impulsores da IXP, que non perde o tempo e xa comezou a embotellar a primeira vendimia que comercializará coa nova marca.

Guillermo, ¿qué supón para as bodegas da zona a aprobación desta nova IXP?

Pois isto supón moito porque antes só podíamos vender como viño branco un produto de primeira calidade como o Albariño, incluso Albariños con recoñecementos como o Baco de Ouro etc… Agora sí podemos poñer a tirilla, podemos poñer a variedade albariña, ou caíño… Mencionar na etiqueta a variedade que leve. Eso é un salto cualitativo moi importante, temos as portas abertas, antes tiñamos portas no campo.

Entendo que abrirá portas sobre todo a nivel de comercialización nacional ou incluso internacional.

A verdade é que sí. Antes vendíaselle simplemente ao veciño do lado, o bar de turno e pouca cousa máis. Ahora podemos ter o acceso á liña secundaria de distribución que é moi importante, a través de distribuidores…  Ahí xa tes un campo moito máis aberto para poder competir no mercado.

¿Qué volume de viño se pode producir baixo a nova IXP?

Iso agora é un pouco relativo. Aquí en Vilaboa concretamente xa hai quizás un 70% de viñedo en condicións óptimas de estar na IXP. E despois na zona da IXP que é Península do Morrazo, Redondela, Pontevedra e Poio hai xa moito feito. Pero tamén queda moito por facer, os rexistros vitícolas están como están…  Por iso é moi importante que cada viticultor intente activar o seu e que a consellería vexa como están as súas propiedades.

En todo caso, as bodegas máis grandes xa estades comezando a embotellar.

É moi importante, os anos que levamos perdidos son moitos e agora mesmo cada día é vital. É moi importante comezar a posicionarse de cara á tempada de verán. Eu persoalmente tamén me quedei sen viño da colleita pasada e entón preciso embotellar, os clientes que tiña xa o están demandando.

¿Cando comezaremos a ver o viño etiquetado coa nova IXP nas mesas?

Pois xa, incluso a partir de hoxe!

E para que non os coñeza, ¿cómo son os viños desta zona?

Aquí a climatoloxía, o terruño e a cepa son moi similares á da D.O. Rías Baixas. Estamos no corazón das Rías Baixas así que as diferencias son poucas. As únicas que pode haber é en función de que sexa un terreno máis profundo ou menos profundo, eso e o ph da terra. Este concretamente é un viño limpio, franco, moi potente en aromas.