O Carballiño, a Pascua nas termas

Este municipio do noroeste ourensán, regado polo río Arenteiro e rodeado pola Serra do Faro e o val do río Avia, é coñecido e celebrado polos seus notabeis recursos en materia de termalismo e augas mineiro-medicinais. 

Ten sona asemade polo seu experimentado proceder á hora de preparar e servir o pulpo (polbo), mais reparemos primeiro nas súas termas. Na marxe esquerda do río Arenteiro, perto do Parque Municipal e do centro da vila, está o Gran Balneario, inaugurado en 1900. Dispón de renovadas e ampliadas instalacións.

O balneario de As Caldas de Partovia, xa coñecido en 1810, pertenceu en tempos aos monxes de Oseira e está considerado o máis antigo de Galicia. Foi remodelado recentemente. Está tamén O Bañiño de Arcos, na parroquia homónima, que vén sendo, ademais, a parroquia polbeira por excelencia.

Termalismo e devoción na Semana Santa, cos actos organizados pola Confraría da Vera Cruz, entre os que destacan catro procesións: Traslado, Ramos, Sentencia- Misericordia e Os Caladiños. 

O Carballiño posúe un dos maiores e mellores parques naturais de Galicia, o Parque Municipal, lugar de acollida cada segundo domingo de agosto da máis multitudinaria festa gastronómica galaica, a 
Festa do Pulpo, posta en marcha en 1962 e declarada de Interés Turístico Nacional.

A relación co pulpo (polbo) arranca no s. XII no mosteiro cisterciense de Oseira, que recibía o cefalópodo entre os diezmos, o que deu lugar a unha especialización culinaria, que iría gañando sona a partir do s. XVII, cando os frades puxeron en marcha unha feira, da que acabaría nacendo a vila.