In Tempore Sueborum alcanza os 25.000 visitantes

A exposición In Tempore Sueborum, que organiza a Deputación de Ourense, acaba de alcanzar os 25.000 visitantes coa visita dun grupo de alumnos do colexio público de Ventín, en Ames. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, entregoulle ao director do colexio, Alfredo Rodríguez, un exemplar do catálogo da mostra que pasará a formar parte da biblioteca do centro.

A presente mostra internacional sobre o tempo dos suevos recibiu a visita tamén de autoridades académicas, económicas, sociais, políticas e diplomáticas tanto de España como doutros países –Marrocos, Polonia, Portugal, China, Francia, Reino Unido, Alemaña– "non só na exposición senón no ciclo de conferencias paralelo que se está a desenvolver. Non ten parangón con ningún outro que se fixera por estas latitudes. En definitiva, hai que seguir nesta liña", salientou o presidente do goberno provincial.

In Tempore Sueborum recibiu por tanto unha cantidade de visitantes que equivale a un cuarto da poboación da cidade Ourense. O ritmo de crecemento é importante como amosan os datos, posto que en menos de tres semanas a exposición subiu dos 18.000 aos 25.000 visit alcanza os 25.000antes