Festa das uñas en San Lázaro

Santiago de Compostela acolle unha nova edición da Festa Gastronómica das Uñas de San Lázaro, do 16 ao 19 de marzo coa participación de máis de 20 locais. A sede da Asociación Hostelería Compostela foi o escenario da presentación desta festa, que é una das máis antigas de Galicia, 

No acto participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de Turismo, Marta Lois, e a presidenta da  Asociación, Sara Santos. 

A Festa das Uñas de San Lázaro ten lugar cada ano no Quinto Domingo de Cuaresma, tamén chamado ‘Domingo de Lázaro’ antesala de Semana Santa co Domingo de Ramos. 

As uñas de San Lázaro, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo, poderán
tomarse en 22 locais participantes, moitos deles situados neste barrio. Os asistentes ao acto tiveron ocasión de degustar este tradicional prato, preparado por catro estudantes do CIFP Compostela.

Os locais participantes son: A Casa da Viña, Doña Ana, El Obelisco, La Bodeguilla de San
Lázaro, Mesón As Fontiñas, Mesón de Lázaro, O Muiñeiro, Pedra Santa, Periquillo, Susos Restaurante, A Nave de Vidán, A Grella, Don Quijote, Los Caracoles, O bo xantar, San Paio Taberna da Feira, Ultreia e Ruta Jacobea.

Todas as persoas que acudan aos locais participantes a tomar un prato de uñas recibirán un boleto para poder entrar no sorteo dunha cea degustación e unha noite para dúas persoas con almorzo incluído no Hotel Ecorural Nós, en Riocalvo, no Concello de Silleda. A persoa gañadora será aquela que teña o número que coincida coas 4 últimas cifras do sorteo da Lotería Nacional do día 22 de marzo de 2018. Poderá recollelo nas oficinas da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29) nos 30 días seguintes.