Cesión da Domus do Mitreo a Universidade de Santiago

Lugo e a Universisade de Santiago únense a través de dóus convenios que veñén de asinar a Alcaldesa Lara Méndez, e o Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño. Ambos os dous teñen unha duración de catro anos, podendo renovarse de común acordo por igual período.

Un dos convenios é para que a USC se faga cargo en solitario da xestión do museo da Domus do Mitreo, ubicado no Vicerreitorado, con vistas a transformalo no Museo Universitario Domus do Mitreo, e coa finalidade de que este se convirta nunha potente infraestrutura de apoio á docencia e á investigación, dotada ademais dunha dimensión divulgativa; e dun segundo convenio marco, para o estudo, difusión e valorización do patrimonio cultural lucense, que se poderá materializar en outros convenios específicos de colaboración. 

"A entidade beneficiaria da sinatura destes convenios é a cidadanía de Lugo e con estes acordos gaña a cultura", asegurou na traxectoria do acto a Alcaldesa, quen enmarcou este acto de firma, coincidindo no ano 2018, ano Europeo do Patrimonio Cultural, nunha "colaboración do público-público, capaz de crear sinerxias positivas que redunden beneficiosamente no marco de actuación das dúas institucións".

"Para Lugo o campus é imprescindible, máis aló da parte educativa, que é fundamental", asegurou a rexedora, quen avanzou que con ambos os dous convenios e dado que o alumnado cada vez é máis esixente, dótase de infraestruturas e colaboracións á cidade que poden funcionar como atractivo de destino para o estudantado.

E sen olvidar a súa relevancia cultural e turística. Por un lado, a Domus do Mitreo, que no pasado ano recibiu a visita de máis de 15.100 visitantes, e que se integrará na rede de museos da cidade, só que cunha xestión da universidade; e por outro, o Vello Cárcere, pois o convenio marco permitirá, por exemplo, que o Centro de Estudos da Cidade se ubique neste centro cultural. Ademais o convenio marco permitirá que este centro poida contibuír a avanzar na candidatura para que o casco histórico da cidade sexa declarado Ben Mundial, ou para distintas accións do proxecto Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiado nun 80% con Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), tal e como lembrou a Alcaldesa que xa se fixera co estudo histórico xeolóxico das marxes do río Miño.