Buscar/Hemeroteca

viernes, 30 de marzo de 2018

Brinde con augardente para pechar a Semana Santa en Portomarín

Situada ao suroeste da provincia de Lugo, na beira norte do río Miño, Portomarín é a vila galega con máis superficie de zonas verdes no seu casco urbán. Un fermoso ornamento para o Portumarini con ecos romanizadores (así citado en 792) ou a Pons Minea (Ponte do Miño) fito importante do Camiño de Santiago, xa consignado no Códice Calixtino (s. XII). 

A outra sona, dispensando, veñen darlla nos últimos 50 anos os rituais gozosos da Festa da Augardente, que chega puntual o Domingo de Pascua (1 de abril), acadando a edición número 48 (XLVIII). Baixo a atenta mirada e o sobrio protocolo das donas e os cabaleiros da Orde Serenísima da Alquitara, desenvólvense os actos, que comenzan xa na tarde do sábado con cea popular e queimada.

O domingo, día grande, ábrese co prendido das alquitaras na Praza Maior, a sesión do Cabildo Xeral da Orde Serenísima da Alquitara, o pregón e a entrega de premios aos augardenteiros gañadores do concurso. A festa, degustación da anguía incluída, continúa coa correspondenteverbena.

Portomarín foi declarada Conxunto Histórico Artístico en 1946. En 1962 a construcción do encoro de Belesar asulagou a vella vila e o patrimonio monumental foi trasladado, pedra a pedra, ao seu actual emprazamento.

Destaca a igrexa de San Xoán, hoxe de San Nicolás, templo-fortaleza construido no s. XIII e que pertenceu á Orde de San Juan de Jerusalén (Orden de Malta).

Ubicada entre Sarria e Palas de Rei, a vila de Portomarín continúa sendo referente importante do Camiño Francés a Compostela, ruta de peregrinación que abrangue 13 kms. niste termo municipal.

No hay comentarios: