Baiona celebra este fin de semana o 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta

A XXIII Festa da Arribada conmemora o 525 aniversario da Arribada da Carabela Pinta, que promete ser moi especial, de feito a Once editará un CUPÓN conmemorativo da Festa que se sorteará coincidindo coa celebración, o sábado 3 de marzo. Outro dos grandes acontecementos que se celebrarán con motivo da efeméride é a creación da Regata 525 Aniversario da Arribada organizada coa colaboración do Monte Real Club de Iates de Baiona.

Entre os cambios da XXIII edición da Arribada atópase a ampliación do Real Mercado Medieval coa inclusión de cálelas Marqués de Quintanar e Carabela Pinta, formando unha liña perimetral de acceso ao recinto da festa na que se instalarán postos de artesanía e talleres lúdicos e educativos para os máis pequenos como os oficios antigos que atoparán na Alameda dos Aprendices: poderán facer gravados de madeira, ourivaría, olería, repujado de coiro, repostería, cuñaje de moedas, escritura gótica, bordados e costura, tapices de época, lacrado, etc.

A zona de playmobil medieval este ano cambia de localización para a rúa Carabela Pinta e amplía o seu recinto: con castelos, piratas, bucaneiros, príncipes e princesas, damas e cabaleiros e multitude de figuras playmobil cos que xogar e facer voar a imaxinación dos infantes.

A praia Concheira volverá acoller os paseos de Camelos e Dromedarios e a zona chamada “ Terrario exótico”: O Centauro, onde nos poderemos atopar co encantador de serpes. Tartarugas xigantes, a iguana, os guacamayos, os agapornis e os papagaios de cola vinagre. Tamén se poderá ver a Granxa Medieval, unha actividade lúdica e educativa para os nenos.

En canto ás exposicións temáticas, o hall do Concello acollerá a mostra: “Castelos, os protectores de pedra”, e a de “Inventos da idade media e creacións visionarias” poderase visitar na Capitanía Marítima de Baiona.

As mostras de “Encaixes de Bolillos” e dos “Labores de Calceta” das mulleres do municipio estarán no o Viveiro de Empresas situado na Rúa do Reloxo e as exposicións de Traxes Medievais e da Cartelería de todas as edicións da Arribada no Liceo Marítimo de Baiona.

O Paseo da Ribeira acollerá un ano máis a Parada dos Pobos Irmáns, onde Palos de la Frontera, Santa Fe de Granada, Pornic e Vila do Bispo ofrecerán os seus produtos tradicionais.

Tamén haberá múltiples concertos como o de música antiga “ Favola d’ Argo”, o da Banda de Música de Baiona, o grupo de gaitas A Seneira, ou o grupo de música Celta Grimorios. Haberá tamén oco para a música precolombina coas demostracións dos “Sons dos instrumentos musicais da América Precolombina e obxectos sonoros de poder”con Pablo Canalís, que transportarán aos espectadores ás tribos indíxenas da América precolombina.

Cetrería, Xustas Medievais, Tiro con Arco, a Contenda de Esgrima, o Desafío Medieval con descensos en tirolesas, rocódromos, rappel, torre multiaventura, equilibro no ponche mono, o Adestramento de Cabaleiros, as Atraccións Medievais e os quebracabezas de madeiras con xogos tradicionais de toda a vida.

Mención especial merece a Representación da obra da “Arribada do Descubrimento”, obra escrita polo profesor e historiador Avelino Sierra e dirixida por Mónica Sueiro cun reparto importante de actores e figurantes coa dificultade que ten o feito de representala en directo no mesmo escenario que fai 525. Todo isto e máis nun fin de semana que transportará a todos aqueles que veñan a Baiona ao medievo.