Buscar/Hemeroteca

viernes, 23 de marzo de 2018

Axudas á apicultura

A Consellería do Medio Rural achegará este ano 603.738 euros aos produtores de mel galegos a través da orde de apicultura para a que se abre o prazo se solicitudes, que será dun mes. Esta convocatoria foi consensuada coas organizacións apícolas de Galicia, recollendo e incorporando as súas achegas, para mellorar ou seus contidos. O orzamento está cofinanciado a través dos Fondos Europeos Agrícolas de Garantía (Feaga) nun 50%, nun 25% pola Xunta e noutro 25% polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. 

Calquera particular, agrupación ou colectivo que sexan titulares dunha explotación apícola inscrita no rexistro oficial pode solicitar estas subvencións. Entre os requisitos están que teñan realizado polo menos un tratamento contra a varroase e que dispoñan dun seguro de responsabilidade civil, entre outros. 

No hay comentarios: