As Neves endoza Madrid con requeixo e mel

A Casa de Galicia de Galicia en Madrid acolleu a presentación da XXVII edición da “ Feira do Requeixo e mel” declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que se celebrará na localidade pontevedresa de As Neves o día 30 deste mes, venres de Semana Santa, unha cita ineludible da gastronomía galega que enriquece o seu amplo patrimonio natural, cultural e gastronómico. 

No acto, o que asistiron preto de cen persoas en diferentes momentos, estiveron o coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez; o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o chef Fran Sotelino e o presidente da Cooperativa do Requeixo As Neves, Alejandro Martínez. 

Jiménez, tras as palabras de benvida e presentar aos intervenientes, sinalou que a degustación estaba acompañada polos viños das adegas Señorío de Rubiós, Abadía de Tortoreos e Viña Nora. O chef Fran Sotelino foi o primeiro en falar salientando que se trata “dun produto Gourmet, moi versátil”. Na presentación o chef elaborou seis pratos degustación “todos con Requeixo evidentemente”. 

Para o representante do cooperativa Condado Pradanta, Alejandro Martínez, “o Requeixo é un produto recuperado da tradición”. Producen unhas 17 toneladas e é moi saboroso, pero dado que non leva sal nin ningún tipo de conservantes é moi perecedoiro. Expórtase a toda Galicia, Madrid e Oporto pero o mellor é saborealo en As Neves. 

Adóitase asociar ao mel desde tempos inmemoriais pois era alimento moi nutritivo para os peregrinos que se dirixían a Santiago. Mantense a receita recuperada con mel da zona, da que se producen unhas 10 toneladas. 

Preto de dez mil persoas acoden cada ano As Neves á Feira, duplicando a poboación da vila, o que supón un impulso para a economía local. 

Pola súa banda o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, lembrou que As Neves está ao sur de Galicia, en O Condado, a só media hora de Vigo e a corenta e cinco minutos de Ourense. É un destino natural, ao que os incendios afectaron moitísimo pero deses días saíu a oportunidade de “reconstruírse e aprender dos erros”, dixo. 
As Neves leva o 
“Temos boa xente, boas ideas e boa reinterpretación. “Estamos orgullosos das xentes de As Neves, do que somos e o que facemos e por iso querémolo compartir, os produtos, as emocións e o tempo”, sinalou. “Innovamos día a día, traballando cos mellores e as mellores, aceptando novas tendencias conservando, con enorme respecto, a orixe, implicando ás novas xeracións para medrar”. E por iso o vir a Madrid, para “convidarlles a que nos coñezan e gocen, do Requeixón e naturalmente de As Neves. Alí os agradamos”.