Buscar/Hemeroteca

viernes, 23 de marzo de 2018

A Coruña promociona o `Camiño Inglés desde A Coruña´ en Canadá

Estes días, co obxectivo de participar en diversos actos de cara a afondar na promoción internacional do Camiño Inglés desde A Coruña, o alcalde desta cidade, Xulio Ferreiro, visita Canadá . 

É un paso máis dentro do obxetivo da búsqueda de novos mercados para visibilizar o potencial turístico coruñés e da realización desta vertente do Camiño de Santiago desde o municipio nun país no que, segundo os datos da Oficina do Peregrino de Compostela, achega máis de 4.000 peregrinas e peregrinos ao Camiño.

Na cidade de Victoria, a segunda máis grande da Columbia británica, reuniráse hoxe coa alcaldesa da localidade, Lisa Helps, así como co responsable de Turismo local, Paul Hawes, e o director executivo do Porto, Ian Robertson.

O sábado, Xulio Ferreiro participará na inauguración do congreso de organizadores da Canadian Company of Pilgrims, entidade do país norteamericano de amigos do Camiño de Santiago e que, entre outras funcións, encárgase de asesorar a todas as persoas que desexen facer a ruta a Santiago nos seus distintos percorridos e modalidades.

A viaxe á Canada, na que estará acompañado pola xerenta do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, é a segunda incursión internacional --tras a visita á Dublín no ano 2017-- que o rexedor realiza para a promoción do Camiño Inglés desde A Coruña despois de que o Cabildo de Santiago decidise, a petición do goberno local, conceder a acreditación da Compostela ás persoas que percorran o treito, inferior aos 100 quilómetros.

f_ coruna.gal

No hay comentarios: