A APEHL celebra a súa gala anual en Viveiro

Alberto García
A xuntanza do gremio dos hostaleiros lucenses terá lugar este ano no hotel O Val do Naseiro de Viveiro. Durante o transcurso da gala, que dará comezo ás 21:00 horas do luns, farase entrega dos galardóns que a APEHL outorga anualmente a profesionais cunha longa traxectoria e a persoas ou organismos que apoian incondicionalmente a difusión e a promoción da nosa gastronomía e dos nosos atractivos turísticos.

Este ano, o premio de Embaixador Hostaleiro da Provincia 2018 entregaráselle ao cociñeiro Iñaki Albistur, encargado nos últimos anos do catering do stand de … E para comer, Lugo na Vuelta Ciclista a España.

A APEHL tamén recoñecerá a traxectoria doutras tres persoas que dedicaron a súa vida á profesión. Os premios Toda unha vida nos fogóns serán para Alberto García, do Restaurante Mesón de Alberto de Lugo, e para Rosario Quelle e Manuel Balseiro, do Hotel Ego de Viveiro.