Xornada de sensibilización: o cambio climático nas Reservas da Biosfera

Este xoves, ás 17:00 horas, o Goberno da Deputación organiza  no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, un coloquio aberto e totalmente gratuíto sobre o impacto do cambio climático nas variacións biolóxicas das especies animais e vexetais nas Reservas da Biosfera. 

Impartida polo Xefe de Sección Técnica do OAPN, Manuel Oñorbe Esparraguera, tratará os pormenores do programa e as liñas de actuación para involucrar a toda a poboación no rexistro de datos para a detección de cambios nos fenómenos biolóxicos de ritmo periódico, como o florecemento ou a migración de aves, como consecuencia dos cambios no clima nas reservas da biosfera. 

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, explicou que se trata dunha iniciativa enmarcada no Programa de seguimento fenolóxico da Rede Española de Reservas da Biosfera, posto en marcha polo Organismo Autónomo de Parques Nacionales (OAPN) e co que colabora o Executivo provincial, co fin de detectar e avaliar a influencia do clima no desenvolvemento das Reservas de Terras do Miño, e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

A asistencia é completamente gratuíta e as prazas concederanse por rigoroso orde de solicitude, ata completar aforo. Inscricións en: und.medioambiente@deputacionlugo.org ou 982 227 812