Vitellus no Centro Superior de Hostelería de Galicia

Alumnos do Centro Superior de Hostelería de Galicia puxeron en marcha durante o restaurante Vitellus dedicado en exclusiva aos produtos certificados co selo Ternera Gallega. Trátase dunha iniciativa temporal posta en marcha esta semana por un dos grupos de alumnos do último curso como proxecto de fin de carreira. 

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo quixo coñecer de primeira man o traballo dos estudantes e comprobar os pratos que deseñaron con esta carne amparada por unha Indicación Xeográfica Protexida. 

Aproveitou a súa presenza para felicitar e agradecerlles a estes mozos a súa aposta por un produto tan noso como a tenreira galega e animounos a seguir apostando polos alimentos de calidade certificada no seu futuro profesional. 

Tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, se achegou para coñecer de primeira man esta iniciativa, ao igual que o fixo o pasado luns o presidente do consello regulador, Jesús González, para ofrecer o seu apoio aos promotores desta iniciativa. 

Como parte da súa formación, o Centro Superior de Hostelería de Galicia traspasa cada ano o seu restaurante aos alumnos de último curso. Trátase dunha iniciativa única a nivel estatal xa que supón ceder temporalmente a xestión dun negocio real (provedores, conformación do menú, cociña, servizo...) aos estudantes.