V Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación

O V Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación se celebrará dende o 15 ata o 17 de marzo. Tratase dunha iniciativa do Goberno da Deputación que ofrece experiencias e reflexións sobre a cuestión de xéneros e a educación. No acto estivo acompañada da Xerente da Rede Museística da Deputación, Encarna Lago e da Directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro.

García Porto remarcou que “dende o Goberno da Deputación promovemos os 365 días do ano a igualdade de xéneros e espazos de diálogo e cohesión social, xa que somos conscientes da necesidade de amosar a diversidade da sociedade actual e ofrecer ferramentas para o desenvolvemento en igualdade de condicións a través da arte e a didáctica”.

“Este Congreso, que xa celebra a V edición, é unha boa mostra do firme compromiso do Executivo Provincial por unha Deputación social e coas persoas, unha institución sensibilizada e apegada ás inquedanzas culturais da provincia, como así o demostra os diversos recoñecementos que acaba de recibir polo seu traballo en prol da diversidade social e as boas prácticas”, avanzou a Deputada.

Encarna Lago avanzou que este Congreso contará coa presenza do Director do Consello Internacional de Museos, (ICOM), Luis Grau, pois este encontro conta coa acreditación da ICOM para España para a súa difusión e promoción. Para inscribirse, a partir do día 26 de febreiro, pode facerse a través do seguinte link; http://redemuseisticalugo.org/index.asp