Buscar/Hemeroteca

martes, 20 de febrero de 2018

Serrat e Raphael nas festas de Vigo 2018

O alcalde de Vigo, Abel Caballero anunciou os primeiros concertos para as festas de Vigo no Auditorio de Castrelos. O catalán Joan Manuel Serrat traerá a súa xira "Mediterráneo da Cap" o vindeiro 21 de xullo e Raphael estará o 2 de agosto con "Loco por cantar". 

O rexedor explicou que Serrat chegará á cidade o 21 de xullo coa súa xira "Mediterráneo da Cap", mentres que Raphael estará o 2 de agosto coa xira "Locos por cantar". "Xa anunciei que habería dez concertos este ano, poden ser finalmente 11 ou 12 ou 9, pero prepárense para algunha sorpresa notable", asegurou.

Caballero avanzou outra "decena" de concertos e "algunha sorpresa".

No hay comentarios: