Buscar/Hemeroteca

viernes, 16 de febrero de 2018

Once empresas galegas participan en Biofach

Once empresas galegas participan na feira Biofach que se está a celebrar en Núremberg (Alemaña). Alí están Mieles Anta (mel e outros produtos apícolas), Orballo (plantas aromáticas, especias e arroces), Coren (ovos e polos), Producto de Aldea (viños), Bio Factory (xeados), Hifas da Terra (cogomelos), Galletas Mariñeiras Daveiga, Porto-Muíños (algas) e Conservas Orbe, Connorsa e Pasteurizados Cíes (conservas de pescados e moluscos).

A feira Biofach de Nüremberg comezou o pasado mércores e pecharase mañá, sábado. Na última edición chegou aos 51.453 visitantes profesionais con 2.793 expositores procedentes de 88 países.


No hay comentarios: