O Festival 17º Ribeira Sacra volve con máis días e máis escenarios

O Festival 17º Ribeira Sacra volve este 2018 con máis días, máis escenarios e máis experiencias, entre elas os concertazos de Coque Malla, Woods, Ten Fé, Mujeres e Fuckaine, primeiros artistas confirmados.

Este festival está organizado por I- Radia Crea, e xa ten data no calendario, do 27 de xullo ao 3 de agosto no escenario máis fermoso do interior galego con dous conceptos distintos:

-17º PAISAXE: Do 27 ao 29 de xullo, con experiencias musicais para sentir un territorio.

-17º PATRIMONIO: Do 3 ao 5 de agosto, con directos exclusivos en espacios patrimoniais.

Promete ser unha das citas musicais máis especiais do verán galego, maridando día e noite directos de bandas e artistas de pegada nacional e internacional, con viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra.

Coque Malla presentará os temas do seu último disco, Irrepetible, recentemente saído ao mercado. Trátase dun álbum gravado en directo en xuño de 2017, xunto a invitados de luxo como Jorge Drexler, Santi Balmes ou Iván Ferreiro, no que repasa os grandes temas dos deus 30 anos sobre as táboas.

Pola súa banda, o dúo londinense asentado en Berlín Ten Fé chegará ao 17º Ribeira Sacra ao ritmo do mellor indie-pop do momento para presentar o seu LP Hit the Light.

Mentres, Mujeres continuará a celebración do seu 10º aniversario e achegará os temas do seu cuarto álbum, Un sentimiento importante.

A nota de cor poñeraa a troupe de Fuckaine, con sons pop frescos e próximos á electrónica, que presentarán o seu último disco Pizza Valentine.

Os abonos para o 17º Paisaxe (27-29 de xullo) xa están á venda en www.ataquilla.com