Medio cento de actividades para o Arde Lvcvs Cvltvral

Como antesala o Arde Lvcvs o Concello e as asociacións de recreación histórica do municipio teñen preparadas medio cento de actividades de inspiración romana e castrexa, o Arde Lvcvs Cvltvral, cunha programación lúdico cultural, aberta e gratuíta, arrincará o 10 de marzo cun obradoiro de danza romana, impartido por Juan Carlos Zaera na Aula de Danza da USC, e rematará o 13 de xuño cunha conferencia do foro romano, pasando por obradoiros artesanais, andainas e cine, entre outros.que presentou este venres, no patio do Vello Cárcere, Carmen Basadre. No acto tamén estiveron presentes representantes das asociacións Mercenarios Galaicos, Caetra Lucensium, Guardia Pretoriana, Senatus Lucus Augusti e Salesiani Luci Augusti.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre puxo en valor este traballo previo como parte importante tanto para preparar o ambiente para o Arde Lucus, que se celebrará o 15, 16 e 17 de xuño, como para a difusión e o coñecemento do pobo romano e castrexo. Esta 

Entre as novidades desta edición destacan os paseos por Lugo con Paulo Fabio Máximo, que acompañado polo seus lictores descubrirá a historia de Lugo. Serán os segundos sábados de mes de marzo, abril, maio e xuño. A saída é, en todos os casos, ás 11:30 horas, dende o Miliario da Praza Armañá. 

Do mesmo xeito, para esta edición está programado o I Encontro de banda deseñada histórica de Galicia, coa participación dos ilustradores Víctor Boullón, Tokio, Miguel Fernández, Tomás Guerrero, Pepe Carreiro e Manuel Cráneo. Este encontro contempla tres charlas (unha sobre o proceso técnico e creativo da banda deseñada, outro sobre a cultura castreña e outra sobre Roma) e dous obradoiros, para aprender a debuxar romanos e castrexos -un para adultos e outros para rapaces e rapzas-, que terán lugar no MIHL no mes de abril.

O Balneario de Lugo converterase en escenario sobre as intrigas políticas romanas. Será o 5 de maio, a partir das 12:00 horas. Eduardo Tomé Cortón ofrecerá unha conferencia sobre curiosidades do Senado Romano. A continuación, representantes do Senatus de Lucus Augusti representarán nas Termas A conxura senatorial. Ese mesmo día, na Ponte Romana, Tir na N´Og fará un achegamento á cultura castrexa, ás 14:00 horas. Xa en xornada de tarde, celebrase a Festa Beltayne, dende as 17:00 ás 19:30 horas, coas asociacións Mercenarios Galicos e Clan de Breogán. Para pechar o día, Xavier Gómez ofrecerá unha conferencia sobre ocio e diversión na antiga Roma.