Buscar/Hemeroteca

miércoles, 28 de febrero de 2018

Gomez Noya leva a Ternera Galega aos colexios

O campión mundial de triatlón, Javier Gómez Noya, compartiu mesa e conversa cos 500 alumnos de ensinanza secundaria do colexio Manuel Peleteiro de Santiago. Fíxoo durante a charla informativa ‘Nutrición e Deporte. Ternera Gallega’, acompañado de directivos do Consello Regulador e da nutricionista do centro, Marisol Filgueiras; cunha degustación posterior de carne amparada pola IXP. 
A acción enmárcase na nova campaña promocional da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega, da que o deportista é imaxe, dirixida a difundir os hábitos de vida saudables a través do deporte e dunha alimentación equilibrada. 

O Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia, que integra a Ternera Gallega e Vaca e Boi de Galicia, destaca a aposta polo deportista por representar os valores do traballo, o tesón, a competitividade e a perseverancia, tan arraigados na orixe, filosofía e saber facer dos gandeiros de carne galegos. 

O triatleta, cinco veces campión mundial, levará a mensaxe de cabeceira da IXP, Ternera Gallega para unha alimentación sa e equilibrada, a diferentes públicos de toda Galicia: rapaces, mozos, deportistas e consumidores que apostan por alimentos con garantías e calidade certificada, a través de diversas accións de divulgación e promoción. 

A campaña, que ten lugar durante os meses de febreiro, marzo e abril, difundirase a través dos medios online da IXP (web e redes sociais) e offline en medios de comunicación tradicionais (televisión, radio e prensa) e publicidade exterior (valados).

No hay comentarios: