A Fundación TIC da Deputación de Lugo emitirá en directo o XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería de Foz, o VI Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería e o VI Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que se celebran do 21 ao 23 de febreiro. Alumnos da Escola de Imaxe e Son serán os encargado do streaming, que poderá verse a través de Facebook e YouTube. O patrón da TIC e Deputado de Relacións Institucionais,
O mércores, día 21, a xornada arranca ás 17.00 horas co XI Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e ás 17.30 co VI Campionato de Cata de Cafés; ás 20.30 haberá demostración de tiraxe de cervexa dun grand ambassador de Mahou.
O xoves, de 9:30 a 14:00 h. será a segunda e última xornada do campionato de Baristas das Escolas participantes e a entrega de premios e e diplomas de participación. E, por último, o venres celébrase o campionato de profesionais a partir das 9:30. Ás 14:00 Juanjo Barquilla e Víctor Couto impartirán unha charla titulada “A infusión, a ovella negra da hostalería”, e ás 14:30 será a clausura coa entrega de trofeos.
Álvaro Santos, acompañado polo director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o coordinador das competicións, Xosé Ríos, presentou a nova colaboración nun acto no que un alumno de hostalería do centro focense preparou unha degustación de cafés.
Santos Ramos dixo que “celebramos dez anos de frutífera colaboración, que vai máis aló do ámbito formativo, xa que grazas a esta emisión, a TIC dá proxección nacional e internacional tanto ao Concello de Foz como ás competicións. Debemos ter en conta que este ano participan 18 Escolas de Hostalería de Galicia, Cantabria, País Vasco, Castela e León e, por primeira vez, unha Escola de París. A isto hai que engadirlle o campionato de profesionais, con 12 participantes, que suscita gran interese no sector.
O streaming realizarase con cinco cámaras, e os alumnos rotarán por todos os postos: operador de cámara, mesa de son, grafismo, fotografía, axudante de realización e realización. Ademais, este ano, como novidade, os estudantes tamén editarán, in situ, cada unha das probas por separado para compartilas inmediatamente nas redes.