Convocado o concurso de carteis para a 55ª Feira do Viño do Ribeiro

A proposta que resulte gañadora do concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 55ª Feira do Viño do Ribeiro, será premiada con 1.000 euros.

No concurso poderán participar profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita. A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 4 de marzo de 2018. A selección do gañador do concurso farase na semana do 5 ao 9 de marzo cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.

A Feira do Viño do Ribeiro, oranizada polo C.R.D.O. Ribeiro e o Concello de Ribadavia, convoca o concurso  buscando un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio. 


f_ feiravinoribeiro.com