Cinco novos percorridos culturais guiados e gratuitos polos murais de Vigo

Este mércores, 7 de febreiro, o Concello de Vigo inicia as novas rutas aos novos murais elaborados no último ano grazas ao Programa de Medianeiras. O alcalde informou de que haberá un total de cinco novos percorridos culturais guiados e gratuítos (inscricións no teléfono 010) cunha duración de 90 minutos. 

Trátase de cinco rutas diferenciados para desfrutar dos novos murais do Programa de Medianeiras. A primeira delas arrancará o día 7 con praza de Peniche como punto de encontro para a continuación visitar a rúa Gaiteiro Ricardo Portela (pavillón Berbés). A seguinte será o día 7 en percorrerá O Castro, parque infantil Charly Rivel, e a Praza de España. A zona de Beiramar será outro punto de visita, partindo da rúa Ánimas e chegando á Pérgola de Jenaro de la Fuente en Bouzas. A cuarta ruta será desde Santiago de Vigo, pasando por Serafín Avendaño, Rosalía de Castro, Areal e Roupeiro e a última terá como lugar de interese o barrio das Travesas, cunha ruta por Pintor Colmeiro, Praza Independencia, Camelias, López Mora, rúa Coruña, Avenida de Castelao, Pavillón das Travesas, Avenida de Castrelos e final na Praza América.

"As medianeiras son un gran atractivo da cidade", apuntou o rexedor. Nas tres edicións do Programa de Medianeiras xa foron decorados un total de 44 murais da cidade e na cuarta, a desenrolar este ano 2018, aumentará ata as 60 medianeiras.

f_ xornal.vigo.org