Camiño Francés, ruta xacobea e itinerario gastronómico

A Ruta Gastronómica do Camiño Francés é unha realidade, gracias ao acordo asinado con Turismo de Galicia o pasado verán mediante a cal os 11 concellos galegos polos que atravesa esta ruta xacobea, agrupados nunha Mancomunidade de Municipios organizaron nas fins de semana dos meses de outubro a xaneiro, diversas xornadas gastronómicas cos seus diferentes produtos locais como protagonistas.

Gracias a esta iniciativa os peregrinos do Camiño Francés, que concentra o 60% dos camiñantes, tiveron a oportunidade de coñecer as singularidades da gastronomía desta zona da Galicia interior, o que á súa vez serviu para dinamizar as economías locais.

O colofón tivo lugar este mercores no Hotel Munumento de San Francisco (Santiago de Compostela) consistente nun menú degustación ao que asistiron diversas autoridades e medios de comunicación.

Comezou con chacinería de porco celta e empanada de anguía, por certo excelente. Comenta sempre que pode o alcalde de Portomarín, Juan Carlos Serrano, a súa vez presidente da Mancomunidade de Muncipios do Camiño Francés, que as anguias desta localidade son as mellores do mundo.

Xa sentados á meda os comensais degustaron Ensalada de Galo Piñeiro en escabeche, raza que se está a promocionar e recuperar dede o Concello do Pino; Polbo á prancha con crema de Queixo de Arzúa-Ulloa; Taco de croca de ternera gallega con risoto de patacas ao azafrán; Solombo de Porco Celta recheo de xamón e salsa de Queixo de Arzúa-Ulloa, todo elo regado con viño da D.O. Ribeira Sacra, branco e tinto.

Para o postre, Tiramisú elaborado con biscoitos Manxarín, Queixo do Cebreiro, Melidres e licor café, rematandu cunha queimada, conxuro incluido.