A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo para que osconcellos se adhiran ao programa "Depotermal" 2018, programa da institución provincial promovido polo Servizo do Cohesión Social e dirixido principalmente á terceira idade. Todos os concellos daprovincia poderán sumarse ao plan ata o vindeiro 5 de marzo mediante un acordo de adhesión adoptado polo órganocompetente.

Así mesmo, "Depotermal" 2018 tamén pretende ser unplan dinamizador da economía da provincia, a través do cal se está a impulsar a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando a demanda.
En canto a modalidade diúrna a Deputación de Pontevedra oferta 1.248 prazas, das cales 248 (4 por concello adherido) son reservadas para residentes nos concellos adheridos en situación ou risco de exclusión social, escasos recursos económicos e/ou idoneidade do programa para a usuaria ou usuario solicitante.
No caso da modalidade con pernoita ofértanse 3.186 prazas, das que 186 (3 por concello adherido) son reservadas para residentes nos concellos adheridos en situación ou risco de exclusión social, escasos recursos económicos e/ou idoneidade do programa para a usuaria ou usuario solicitante.