Viana do Castelo acolle a mostra `Con pan e viño ándase o Camiño´

Viana do Castelo acalle a mostra da Asociación de Amigos do Camiño "Con pan e viño ándase o camiño". Foi inaugurada pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo, José María Costa, Á apertura da exposición tamén asistiron o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodriguez, o presidente da Asociación, Celestino Lores, e numerosas personalidades da cultura portuguesa.

Se o pasado ano, a exposición versou sobre a arte no Camiño, este ano recolle unha ampla selección da industria panadeira portuguesa e galega. Pódese observar pans e diversa bolería de Viana do Castelo, Ponte de Lima e Paredes de Coura, na parte portuguesa, e do Porriño, de Pontevedra, de Caldas de Reis ou de Ribadumia na parte galega. 

En canto aos viños, son os verdes e albariños das grandes adegas os que se atopan nesta ruta xacobea. Ademais inclúe unha mostra pictórica e fotográfica coa temática do pan e do viño.

A exposición "Con pan e Viño ándase o Camiño" xa pasou no mes de decembro pola Escola de Restauración de Pontevedra. Agora, durante un mes, estará na Cámara Municipal de Viana do Castelo para seguir despois o seu percorrido polo resto de vilas do Camiño Portugués tanto na parte portuguesa como na provincia de Pontevedra.