Buscar/Hemeroteca

viernes, 12 de enero de 2018

Queixos con premio

Foto de famila dos premiados
A XX Cata dos Queixos de Galicia e XVI Cata dos Meles de Galicia, organizadas pola Consellería do Medio Rural, deixou os seguientes premiados.

Na Denominación de Orixen Queixo Tetilla os premiados foron Ruta Xacobea (ouro), Bo queixo (prata) e Queinaga (bronce). Na D.O. Queixo Arzúa-Ulloa os galardóns foron para Queinaga (ouro), Castillo de Pambre (prata) e El Labrador Estradense (bronce); e en Arzúa-Ulloa curado, o premio foi para Barral, da queixería do mesmo nome.

Na DO. San Simón da Costa o queixo que logrou o ouro foi Daniberto, Casleiras obtivo a prata e Don Crisanto meresceu o bronce. E en queixo de O Cebreiro, os galardóns foron para Castelo e Gran Despensa-Real Abadía de Samos.

Polo que respecta á XVI Cata dos Meles de Galicia, o ouro foi para Alfimel. O Colmear de Sara-Brezo e Mel do Saldoiro gañaron respectivamente as mencións de ouro, prata e bronce en categoría monofloral. Alfimel, Mel do Saldoiro e O Trobo-Mel do Valadouro, nesta orde, as mencións de multiflorais.

No hay comentarios: