Buscar/Hemeroteca

domingo, 21 de enero de 2018

Pontevedra, Somos Historias

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo balance da presenza da institución provincial en Fitur. "Os datos avalan que a acollida da presentación de Somos Historiasf oi espectacular, había tanta xente que non quedaba un oco libre, con centos de persoas interesadas pola nosa provincia". Unha campaña que pon en valor o patrimonio da provincia co fío condutor da recreación da escritora nacida no castelo de Soutomaior, María Vinyals.

O vídeo de Somos Historias foi "unha avalancha de emocións que vai dar a volta a toda a provincia e todo o mundo, porque o imos mover moito". E igual resultado tivo a caixa-agasallo que se lle entregou ás persoas asistentes, que contiña "un caderno de viaxe coa imaxe do Castelo de Soutomaior e unha frase de María Vinyals que fala da fermosura da nosa provincia". Este agasallo contiña, ademais do caderno, "nubes e galletas feitas con camelia", un proxecto elaborado polo alumnado do CIFP Carlos Oroza, A Granxa de Ponteareas e o IES Montecelo de Pontevedra.

En canto ás reunións de traballo, a Presidenta da Deputación de Pontevedra confirmou que a institución provincial comezou a preparar a Asemblea Nacional da Ruta dos Fenicios que acollerá a provincia en novembro. Ademais pechouse un acordo coa produtora do programa MasterChef, que esta semana comezará a buscar localizacións no Val Miñor que promocionará Baiona, Gondomar e Nigrán nun programa de ámbito estatal que é un dos maiores éxitos de audiencia do momento. 

Somos Hisorias foi un "éxito rotundo nas redes sociais. Se temos en conta o hashtag #SomosHistorias, soamente no día de onte os resultados foron espectaculares: estivemos preto de acadar os 3 millóns de impresións en só 24 horas e chegamos a ser trending topic en Twitter en España no momento da nosa presentación", sinalou Carmela Silva. A iso "haille que sumar que o martes, o día que presentamos a campaña, acadamos preto de medio millón de impresións en Twitter e o mércores, con toda a repercusión mediática, outras preto de 300.000", afirmou a Presidenta. Deste xeito, "se sumamos todos estes datos, estamos a falar de que o hashtag #SomosHistorias tivo 4 millóns de impresións en Twitter en tres días", sinalou Carmela Silva.

No hay comentarios: