
Será un acto singular e sen precedentes na cidade no que, a iniciativa cidadá, os cinco últimos alcaldes de Ferrol -Xaime Bello, Juan Juncal, Vicente Irisarri e José Manuel Rey Varela e Jorge Suárez- sentarán na mesma mesa para realizar unha defensa conxunta da candidatura de Ferrol ao Patrimonio da Humanidade no 2019 ante a Unesco.
"O agradecemento ao Foro Ferrol Vivo por esta iniciativa mais que loable que cristalizará o día 20 as 18:00 horas, nun acto aberto a cidadanía nunha circunstancia sen precedentes na nosa cidade con cinco alcaldes de distinta cor política da man na defensa da candidatura de Ferrol ao Patrimonio da Humanidade da Unesco", manifestou Suárez.
"Temos todos os elementos necesarios para eso, estou firmemente convencido, tanto a nivel patrimonial como de plan, e estou convencido tamén que de todos os rexedores que fomos, desde Xaime Bello ate hoxe, fixemos todo o posible nos respectivos mandatos por dar este paso e que esto será un impulso, tamén, diante doutras institucións".
Será o impulso definitivo para o éxito colectivo", rematou Suárez, que convidaba a toda a cidadanía a sumarse a este acto aberto e público no Antigo Hospicio de Amboaxe.