Os viños de Valdeorras terán presencia en Prowein e na London Wine Fair

O pleno do Consello Regulador de Valdeorras ratificou a presenza dos viños desta D.O. en Prowein, feira que se desenvolverá no mes de marzo na cidade alemá de Düsseldorf e na London Wine Fair, que terá lugar en maio na capital británico. Po outra banda, en xullo, vaise organizar unha nova edición, a vixesimoprimeira, da Feira do Viño de Valdeorras.

Noutro orde de cousas, os auditores de ENAC estarán en Valdeorras entre o 14 e o 16 de febreiro para verificar se o Consello Regulador cumpre os requisitos que lle permitan obter a acreditación deste organismo, segundo a norma norma UNE-EN ISO/IEC 17065. Precisamente, para axustarse aos parámetros esixidos por ENAC, o Pleno do Consello Regulador autorizou a aprobación de novos procedementos no seu Manual de Calidade. 

Os técnicos do Consello Regulador contan co asesoramento do Grupo de Enxeñaría da Organización (GIO) da Universidade de Vigo neste cometido.