
A mención de honra será novamente para unha cociñeira da vila, Manola García (Parra) , pertencente a unha familia moi ligada á cociña na comarca. O acto de pregón será o día 20 e actuará como evento de apertura da Festa do Botelo no día oficial. Outras actividades como teatro, cine, encontro de blogueiros, cantos de taberna e feira de produtos tradicionais completan o programa deste ano que xa comeza esta fin de semana.
Entre as novidades deste ano no programa está a celebración este sábado, día 13, dun novo Blog Trip do Botelo, a segunda edición, onde 6 blogueiros e comunicadores galegos viaxarán ata a comarca para coñecer como se elabora e como sabe o botelo, ademais de coñecer a zona dende o punto de vista turístico e tamén se completará con visitas a adegas.
Ademais nese mesmo día poránse á venda ás 1150 entradas para asistir á comida oficial do día 20 de xaneiro no pavillón de Calabagueiros. As entradas suben de prezo este ano e custarán 18 euros e só se poderán adquirir 10 entradas por asistente.
O botelo é un embutido elaborado co bandullo do porco recheo doutras partes do animal, que serán adobadas e maceradas antes de embutilas. O elemento principal deste recheo é a costela de porco que supoñerá un mínimo do 70%, podendo ser acompañada de coiros, cachucha), soá e outras partes do despezamento do porco.
Este é un embutido típico da parte oriental de Galicia, en zonas de Ourense e Lugo, aínda que tamén ten presenza en Asturias ( Butiello) ou León (Botillo) O que máis renome ten quizais sexa o do Barco de Valdeorras (Ourense), xunto ao “ Butelo” da Fonsagrada (Lugo).