III Xornadas gastronómicas Lacónicas, con 35 participantes

As Lacónicas, III Xornadas gastronómicas do lacón con grelos se celebrarán entre os días 5 e 18 de febreiro coa participación de 35 restaurantes da cidade. Ademais, están programadas unha serie de actividades paralelas nos mercados da praza de Lugo e de San Agustín para os sábados 10 e 17 de febreiro. "Lacónicas pretende poñer en valor un dos principais atractivos da cidade, como é a oferta gastronómica, neste caso centrándonos nun producto de tempada como as laconadas, vinculadas ao Entroido", explicou o concelleiro de Emprego e Economía Social e tamén responsable do Consorcio de Turismo de A Coruña, Alberto Lema.

O menú de Entroido tradicional está composto por un primeiro plato de sopa ou similar e un principal de lacón con grelos ou máis creativo e terá un precio comprendido entre os 18 e os 30 euros, complétase cunha sobremesa tradicional de filloas ou orella e bebidas -auga, refrescos e con bodega de denominación de orixe galega-. 

Os restaurantes que participan nesta edición, tres máis que o pasado ano, son: A'atalaia Bar, Abarrote, A Peixería - Cociña Coruñesa, A Portela, A Taberna de Cunqueiro, Adega O Canizo, Calma Chicha, Casa Martín, Casa Matilde, Central Park, El Local 20, Galiur, Gastroteca, La Bodeguilla de Padre Feijoo, La Taberna del Arriero, Lola & Cía, Mahara Taberna, Mesón Bieito, Mesón Manolito, Mesón O'Bo, Morriña, O'Calexo, Oído Cocina!, Otrosi Gastrobar, Restaurante A la brasa, Restaurante Boavista, Restaurante Comer y Picar, La Marola - Hotel Zenit, Restaurante Manolito, Restaurante Noray, O Fieital, Roots Urban Food, Sidrería Lelín, Taberna O'Trotamundos e Vinum.


Os talleres, aos que será preciso acudir disfrazado, teñen horario de 10.30 a 12.00 horas e entre as 12.30 e as 14.00 horas. Para participar neles é imprescindible inscribirse previamente no teléfono 636 447 574 ou a través do correo xornadaslaconicas@gmail.com, xa que hai dispoñibles 15 prazas en cada un. A degustación de sobremesas de Entroido contará cun showcooking a cargo do cociñeiro Gorka Rodríguez, da Pulpeira de Melide. Comeza ás 11.30 horas e está previsto que dure dúas horas.

A seguinte fin de semana, o sábado 17 de febreiro, será o turno do mercado da praza de San Agustín, que acollerá, de 12.00 a 13.30 horas, un showcooking con degustación denominadoLacónicas Norte e Sur a cargo de Javi Freijeiro e Moncho Bargo, membros de Coruña Cociña. Trátase dunha actividade gratuíta dirixida a persoas adultas e para a que é obrigatoria a inscrición. Pode facerse no teléfono 636 447 574 ou a través do correo xornadaslaconicas@gmail.com a partir do venres 10 de febreiro.

A Coruña celebra ao longo do ano tres xornadas de difusión da súa cociña, o Concurso de Tapas Picadillo, de longo percorrido, o Festival do Bocadillo Gourmet Boucatise eLacónicas, iniciadas polo actual goberno local. Neste sentido, o responsable do Consorcio de Turismo avanzou que o novo evento gastronómico na cidade, o primeiro festival das cociñas atlánticas que se presentou en Fitur hai unhas semanas "como referente gastronómico do noroeste", se celebrará antes de San Xoán.