Champivil-Castelo incrementa a produción de caldo galego

A empresa luguesa Champivil-Castelo incrementará este ano nun 50% a súa produción de caldo galego ante o aumento da demanda deste produto envasado. A firma chairega producirá este ano 30.000 latas deste produto, que sacou ao mercado hai tres anos.

Pechada a campaña de setas -Champivil é líder a nivel galego na exportación en fresco de cogomelos, e tamén en conserva- comezou o ano 2018 coa produción de caldo, que comercializará baixo a marca Castelo nos supermercados Gadis e Eroski de toda Galicia.

O formato no que se presenta este produto, sin conservantes nin potenciadores de sabor, é en latas de 425 gramos, listas para o consumo. Abrir, quentar e a disfrutar dun caldiño reconfortante.