"As tres décadas de ouro do Colón galego"

A  ata o 26 de xaneiro a sede de Turismo Rías Baixas acolle a mostra de Roberto Taboada "As tres décadas de ouro do Colón galego (1899-1930)" que afonda nas orixes galegas de Cristóbal Colón. A mostra poderá ser visitada de luns a venres de 8 a 20 horas, de 10 a 14 e de 16 a 19 horas os sábados e os domingos e festivos de 10 a 14 horas.

"As tres décadas de ouro do Colón galego (1899-1930) recolle importante documentación, manuscritos de Constantino Horta Pardo e de Prudencio Otero, bibliografía dos continuadores da tese galega de García de la Riega, escritos de hemeroteca e a posta en valor do Comité Pro Colón Español. Amais, tamén se poderá ver na mostra fotografía, filatelia, numismática e vitolas relacionadas con Cristóbal Colón.

Pode visitarse no Palacete das Mendoza,  esta exposición é o resultado da investigación que levou a cabo durante anos Roberto Taboada. Taboada defende a galeguidade de Cristóbal Colón, para o que realizou unha ardua recompilación e investigación que pon de manifesto a orixe galega do almirante e a teoría do seu vínculo con Portosanto.

Roberto Taboada naceu en Pontevedra en 1953 e é coñecido principalmente pola súa actividade política. Tamén foi mestre de EXB e traballou como funcionario na Deputación de Pontevedra. Ao longo da súa traxectoria vital cultivou diferentes artísticas como a literatura, o debuxo, o deseño e a pintura. Amais, foi comisario de diversas exposicións, deseñou carteis e escudos e é autor de varias obras vinculadas con Pontevedra, coa súa contorna e patrimonio.