Buscar/Hemeroteca

jueves, 21 de diciembre de 2017

Turespazo, a extranet de Turismo de Galicia

Enmarcada dentro do ámbito de Smart Turismo, Turespazo, a extranet de Turismo de Galicia pretende dar un paso adiante na relación do sector empresarial coa Administración pública. 

Turespazo permite aos empresarios e profesionais turísticos inscritos no REAT acceder aos datos que a Administración ten sobre eles, podendo consultalos e incluso modificalos de maneira electrónica. 

Ademais, poderán publicar ofertas e promocións relacionadas coa súa actividade e que son volcadas no portal e nas aplicacións móbiles de Turismo de Galicia, de cara á súa consulta por parte do destinatario final: o turista. 

No futuro próximo, Turespazo pretende evolucionar na oferta e na personalización de novos servizos dirixidos ao sector. 

No hay comentarios: