Sae ao mercado un vinagre do Ribeiro

Na próxima semana sae ó mercado o primeiro vinagre artesanal de Galicia. Albarro XP I, é o primeiro dos tres tipos de vinagres aromatizados que a empresa Vinagres do Ribeiro s.l. sacará ó mercado en 2018. Son vinagres elaborados mediante métodos artesanáis que lles confiren unas características organolépticas especiáis. 

Vinagres do Ribeiro s.l. constituíse en marzo deste ano para producir e comercializar os vinagres froito do traballo de experimentación de máis de seis anos do seu promotor, Xoan Pablo Lorenzo. Nestes anos, buscouse a valoración de diversos especialistas do mundo do viño e a gastronomía. 

Destacar a favorable opinión que recibiron estes vinagres experimentais por parte da asociación Vinavin de Córdoba, acreditada como comité internacional de cata de vinagres, ou na Escola Internacional de cociña “Fernando Pérez” de Valladolid. En 2016, o proxecto de elaboración de vinagres artesanáis, foi seleccionado pola Fundación Juana de Vega no IV Programa de Desenvolvemento Agroalimentario. Actualmente, este proxecto, foi seleccionado e está a participar no coworking “A/Em prender en Verde” da Fundación Paideia. 

Albarro XP I, é un vinagre de viño branco aromatizado con loureiro. De cor ámbar con reflexos dourados. Equilibrado en nariz con intensidade aromática. As notas ácidas predominantes conxugan elegantemente coas notas froráis. Meloso e agradable, destacan os aromas especiados e de loureiro. 

Vinagres do Ribeiro s.l. está a experimentar con vinagres elaborados a partir de uvas de cultivo directo e un vinagre balsámico que se comercializaría non antes de tres anos. Tamén desde Vinagres do Ribeiro s.l. se está a promover un estudo sobor da diversidade de bacterias autóctonas asociadas a acetificación espontánea a partir de uvas de cultivo directo, para o cal se está en proceso de búsqueda de financiación.