"Q" de calidade á oficina de turismo de Peinador

Á oficina de turismo do aeroporto de Peinador, en Vigo, xa conta coa "Q" de calidade. O Instituto para a Calidade Turística España ven de concederle este distintivo, ademais de renovarllo as outras dúas oficinas de información turística coas que conta Turismo Rías Baixas situadas no Palacete das Mendoza, en Pontevedra, e no mosteiro da Armenteira, en Meis.

Estas tres "Q" concedidas ás súas oficinas de información turística supoñen un recoñecemento ao esforzo que Turismo Rías Baixas está a realizar para mellorar a calidade do servizo prestado aos cidadáns e cidadás. 

A institución provincial seguirá traballando nesta dirección, posto que a calidade turística é unha das prioridades que marcará o Plan Estratéxico de Turismo da provincia, que será presentado publicamente hoxe, 19 de decembro.

Turismo Rías Baixas recollerá os distintivos "Q" de calidade turística durante a Feira Internacional de Turismo FITUR, que terá lugar do 17 ao 21 de xaneiro en Madrid.