Presentación do Xeodestino Turístico Terras do Condado – A Paradanta

O Xeodestino Turístico Terras do Condado – A Paradanta xa é unha realiade. Liderado polo Concello de Ponteareas, reúne a dez concellos (A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Salvaterra, Salceda de Caselas e Ponteareas) co obxectivo de posicionar ás dúas comarcas no calendario dos turistas, coa promoción conxunta dos recursos naturais, patrimoniais, etnográficos, e gastronómicos.

O Xeodestino Condado Paradanta conta cunha páxina web, unha guía turística da zona e a un mapa que guiará aos visitantes polos roteiros non só medioambientais e históricos se non tamén gastronómicos ofrecendo ademais un paquete de turismo viño+auga. 

Tamén se elaboraron dous vídeos promocionais que serán distribuídos en feiras, xornadas turísticas, axencias, plataformas webs, medios de comunicación e redes sociais. 

Na presentación interviron o presidente do GDR e Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez; o Presidente do Xeodestino e Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; os técnicos responsables do proxecto das empresas Avivae e Iniciactiva; a directora xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e o Alcalde de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo. 

O Xeodestino Terra do Condado-A Paradanta está financiado pola Axencia Galega de Turismo de Galicia cunha achega de 30.000 € para este ano 2017.

f_ ponteareas.gal