Presentación da nova marca "A Coruña Sempre Aberta"

Escollida entre as case 50 propostas que se presentaron ao concurso público aberto polo Consorcio de Turismo coruñés, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presentou a nova marca turística A Coruña Sempre Aberta, imaxe deseñada polo artista local Antón Lezcano.

A nova imaxe turística sera empregada tanto en comunicacións institucións, como en merchandising e publicidade do Consorcio de Turismo. O primeiro edil indicou que o lema de Sempre Aberta "é unha sorte de actualización do espíritu desa Cidade na que Ninguén é Forasteiro, que foi especialmente aplaudida no seu momento e que debiamos traer ao presente". "Aquel lema xa había tempo que non era o oficial na cidade, pero quedou no imaxinario colectivo, esperemos que con este lema e esta imaxe, ocorra o mesmo", dixo.

Noacto o estaba presente tanto o gañador deste proceso como o presidente do ente municipal de promoción turística, o concelleiro de Emprego, Alberto Lema, e a xerenta do mesmo, Lanzada Calatayud, o rexedor salientou que esta nova marca "reflicte ese carácter acolledor, innovador, cosmopolita e atlántico da cidade, cualidades moi ben valoradas polos e polas visitantes segundo se reflexa no Plan Estratéxico de Turismo posto en marcha por este goberno local".

Lezcano explicou, pola súa banda, que "a imaxe pretende simbolizar eses valores dos que fala o Plan Estratéxico. Creo que os catro escintileos da imaxe, das luces do faro, fan que a marca quede na retina". O autor explicou que a tipografía única empregada "é algo importante, xa que pode parecer algo infantil, mais para min representa o que é A Coruña, unha cidade creativa, positiva, que sempre mira cara adiante, acolledora, riquiña, próxima e diversa".