O C.R.D.O. Ribeiro solidario con Autismo Ourense

O C.R.D.O. Ribeiro xunto co Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse a favor da asociación sen ánimo de lucro Autismo Ourense a través da cuarta edición do ciclo “Cata a Arte”. Unha serie de catas benéficas que tiveron lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante todos os xoves do mes de novembro e cuxa recadación se dirixe integramente a Autismo Ourense. 

Farase entrega nun sinxelo acto ao presidente e a xerente da asociación, Virgilio Montes e Ana Tejada, da doazón do recadado durante as cinco catas celebradas o pasado mes. O evento terá lugar o primeiro andar do Centro Cultural Marcos Valcárcel e contarase coa presenza do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Casares así como o director do Centro Cultural, Francisco González.