Festa do Capón de Vilalba o 21 de decembro

A tradicional Festa do Capón terá lugar o vindeiro xoves 21 de decembro no recinto feiral da praza dá Constitución de Vilalba, acompañada, como outros anos, dunhas xornadas gastronómicas, con tapas de capón que se servirán do 20 ao 23 de decembro en establecementos da capital da Terra Chá. 

Os prezos oscilarán entre os 80 e os 120 euros e os produtores da zona poñen á venda uns 800 exemplares cun peso entre os 4 e os 6 quilos, acadando un volume de negocio próximo aos 80.000 euros durante a xornada”.

As referencias históricas remontan a existencia desta Feira case ós 200 anos de antigüidade, xa que nos libros do concello aparecen anotacións do ano 1835. O organismo provincial colabora na organización desta cita cunha achega de 3.000 euros, para promover os produtos autóctonos e dinamizar a economía da provincia, pois nesta feira rexístrase un volume de negocio próximo aos 80.000 euros.

A entrada dos capóns ao recinto feiral terá lugar ata as 09.00 horas, e a partir das 10.00 horas procederase á apertura da feira ao público. Ás 12.30 horas entregaranse os premios aos mellores criadores de capóns e a partir desa mesma hora tamén comezará a degustación desta exquisita carne. A animación musical da xornada correrá a cargo da Charanga de Vilalba e a Banda de Gaitas Mato Vizoso. Os asistentes á feira tamén poderán adquirir produtos da zona como queixo de San Simón dá Costa, roscón, roscas e outros produtos artesanais nos postos instalados para a ocasión.

E dende o día 20 ao 23 de decembro, a capital da Terra Chá acollerá tamén as xornadas gastronómicas do capón, coa elaboración de tapas que se poderán degustar en diferentes establecementos do Concello de Vilalba todos os días en horario de 13:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:00 horas. O prezo das tapas será de 2,50 euros. Os locais adheridos son: Centro Cultural, Xalundes, O Porrás, A Casa das Xaquinas, Lembranzas, O Porrón, Bar Centro, Mesón O Carballo, Estudiante, A Lareira, Cristal, A Taberna, Vintage Alborada, Mesón do Campo, Hostal O Cristo (Goiriz), Parador, La Casa del Lobo, Lar Os Píos, e Sunday.