En marcha a nova edición do Festival Internacional Rebulir

Ata o día 17 de decembro "Bailar coa terra", a duodécima edición do Festival Internacional Rebulir (FIR) ofrece un programa de actividades culturais que abrangue actuacións de música e danza de grupos de Ramirás, Castela e León, Portugal, Euskadi, Ecuador e Ucraína. 

Durante a presentación, o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, felicitou a "todos os que conseguiron que este evento acade a súa duodécima edición, froito dun gran esforzo e dun compromiso coa cultura tradicional, sendo ademais moi importante transmitila dunha xeración a outra". Asemade, Manuel Doval dixo que a Asociación Cultural Rebulir "entende a cultura como a ferramenta imprescindible para transformar a sociedade e que medre en valores, logrando que o FIR sexa xa un referente máis aló das nosas fronteiras".

O alcalde de Ramirás, J. Carlos Rodríguez, destacou a importancia que ten o desenvolvemento desta actividade para o municipio e agradeceu á Asociación cultural, "que xa implantou as súas raíces alí, por movernos a moita xente moza".