Clase maxistral de repostaría e doces de Nadal con Galicia Calidade

Galicia Calidade aposta pola continua formación dos seus establecementos pertencentes ao grupo Lecer e certificados co seu selo de calidade. 

Neste caso, con motivo da chegada do Nadalo vindeiro luns 18 de decembro celebrarase a primeira edición dunha clase maxistral de repostaría e doces de Nadal, que será impartida por Manuel Garea, un dos sete grandes mestres pasteleiros do momento en Galicia, xunto co chef Fran Sotelino. 

Nesta actividade, que se desenvolverá na academia Hello Cooking, situada na Rúa de Sar nº 95, en Santiago, estarán presentes restaurantes e casas rurais do grupo Lecer, bloggers gastronómicos e ademais estará aberto ao público xeral, en concreto, ás cinco persoas seleccionadas ao azar a través dun concurso realizado na páxina de Facebook de Galicia Calidade. 

A través dunha pastelería moderna, que se nutre da tradicional, elaboraranse diferentes receitas de sobremesas típicas de Nadal como un roscón de Reis recheo de nata ao turrón de Xixona, Galette deas Rois e Montblanc entre outros.