Vigo foi o destino elixido pola revista dunha popular liña aérea para levala como portada no número 5, a deste mes de decembro, unha das épocas con máis afluencia de viaxes e vacacións.
A imaxe de portada elixida foi nada menos que a árbore de nadal de luces da Porta do Sol, o mesmo enclave onde comparte espazo xunto co famoso Sireno e o máis recente Dinoseto.
"Un mar de propostas para o Nadal" é o titular que leva o artigo , enfatizando en que "Viaxar a Vigo na época do Nadal é unha aposta segura", destacando ademais que posúe un "microclima" perfecto que prové de temperaturas suaves para esta época do ano.
Dende os diversos e relevantes museos ás actividades que se poidan ofrecer no coñecido Teatro García Barbón ou o Auditorio Mar de Vigo, escenarios que por estas datas adoitan ofrecen eventos relevantes. Non podían faltar os mercadillos do Nadal de artesanías galegas xunto ao mercado do Progreso e xunto o Centro Comercial A Laxe.
Destacada mención lévanllo as Illas Cíes, e "a súa deliciosa gastronomía", destacando a rúa da Pedra , as "ostreiras", o "polbo á feira", e os pratos máis acordes coa época outonal e invernal, o cocido galego, o caldo e o lacón con grelos.
Enaltecen "a espectacular iluminación do Nadal" levada a cabo pola mesma empresa "que iluminou a Quinta Avenida de Nova York en 2016" e cuxo aceso se realizou hai apenas uns días o 24 de novembro. Unha bela iluminación que contrasta con ese "museo ao aire libre" que é a cidade grazas ás pinturas urbanas, "unha das súas marcas de identidade".
f_ turismoriasbaixas.com