A concelleira de Mercados de Santiago de Compostela, Noa Morales, e a xerente da Praza de Abastos, Marta Rey, presentaron Nadal do Mercado, a programación especial do recinto para estas datas. As actividades buscan incentivar o consumo de produto fresco entre a xente máis nova. Coa colaboración do Concello, este ano repartiranse 10.000 euros a través de varios sorteos.

Noa Morales, destacou a importancia da programación "nun lugar tan central na cidade como é a Praza de Abastos, cunha programación de Nadal que tamén complementa a que xa desenvolve o Concello de Santiago nestas datas". Esta programación coincide co terceiro ano consecutivo no que se instala un Belén na igrexa de San Fiz, que "o ano pasado tivo 25.000 visitas", lembrou a concelleira.
O 23 de decembro, o Apalpador dinamizará a Praza durante a xornada e repartirá pequenos agasallos entre os clientes. O día 30 de decembro haberá unha burbulla de viño espumoso galego. A Praza estará pechada os días 24 e 31 de decembro.