22 de decembro, feira gastronómica do Galo de Curral

Coincidindo co popular sorteo de Lotería de Nadal, ás 11 da mañá do 22 de decembro vaise celebrar na praza de abastos de Vila de Cruces a XVIII Feira de Nadal, e con ela a feira gastronómica do "Galo de Curral". A partir das 12 haberá unha degustación ofrecida por varios restaurantes de varios municipios.

É a ocasión de mercar os mellores galos para preparar os guisos nos seguintes días do Nadal. Lonxe de ser un mercado máis, a feira destaca pola calidade dos produtos autóctonos, onde ata fai ben pouco todos os animais eran criados no campo, especialmente os galos, e cuxo resultado son ben reflectidos posteriormente no prato.

Trátase dunha feira que busca selar o seu produto coa certificación da Xunta Indicación Xeográfica Protexida (IXP). A organización busca aumentar as vendas do ano pasado, que ascenderon as 300 pezas.

Segue desta maneira un ronsel similar á da Festa do Galo de Curral do mesmo municipio que tivo lugar na primavera. Nese caso, con XXIV edicións ás súas costas, é unha das festas gastronómicas máis lonxevas e populares que ademais ostenta o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia.

f_ turismoriasbaixas.com