Buscar/Hemeroteca

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Riazor, icono herculino, terá cuberta nova

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e os concelleiros de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, e Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, acaban de presentar a proposta gañadora para levar a cabo a redacción e execución do proxecto de reforma e conservación da cuberta e das estruturas metálicas das bancadas do estadio de Riazor, unha vez que a adxudicación recibiu o visto bo da Xunta de goberno local, esta mesma mañá. 

A proposta, adxudicada á firma Arias Infraestruturas por 7,162 millóns de euros, supón, en palabras do primeiro edil, "unha obra máis que relevante para a cidade, porque significa darlle unha nova imaxe ao que xa é un edificio icónico, no que vai ser o estadio do século XXI". "O estadio de Riazor é un dos símbolos da Coruña e esta obra vai permitir solucionar o problema estrutural das cubertas, e ao mesmo tempo, mellorar un equipamento urbano con gran valor funcional que se sitúa no centro da Coruña, o que consideramos que é, fronte a outros modelos, un valor que servirá para proxectar a imaxe da cidade no exterior".

No hay comentarios: