O Café Vanessa gañador do Tapéate de Ferrol.

O Café Vanessa, coa tapa Sopa de almendra tostada, espuma de foie y perlas de Pedro Ximénez, foi o gañador do VII Tapéate celebrado do de 3 ao 12 de novembro e organizado polo Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol.

O segundo premio foi para La Bodega de Estrella coa tapa A Orixe e o terceiro para Cafetería Boss Ferrol coa creación Carrillera de ibérico al Mencía con chips de yuca. O premio especial do público levouno a Pousada das Ánimas coa tapa Codillo de cerdo braseado con maíz crujiente y crema de patata. 

De acordo aos cálculos feitos polos hostaleiros, nesta edición 2017 se serviron preto de 7.000 tapas nos 10 días do Tapéate e se bateron tanto os récords de participación dos locais (31) como de asistencia. 
No VII Tapéate participan 31 establecementos hostaleiros de A Magdalena, Pardo Baixo, Ferrol Vello, Esteiro, Rúa Nova de Caranza, Estrada de Catabois, -11 mais que na edición do 2016- que durante os 10 días, ofreceron unha tapa singular, orixinal e traballada, aos seus clientes a un prezo fixo de 2 euros por tapa.