Buscar/Hemeroteca

jueves, 30 de noviembre de 2017

Novo material promocional de Turismo Rías Baixas

Este outono Turismo Rías Baixas renova as publicacións de información turística dirixidas ás e os visitantes da provincia. O novo material componse de doce guías turísticas temáticas, dous rueiros e un mapa provincial, que están dispoñibles en versión impresa nas oficinas de turismo de Rías Baixas 

Obra da empresa Anónimo Advertising, acaba de ser recoñecido polo Festival de Publicidad de Lujo y Marcas Premium na categoría ‘Mejor diseño editorial luxury'. A entrega de premios terá lugar o 15 de decembro en Marbella, durante unha gala á que acudirán representantes de empresas de creatividade e publicidade que traballan con marcas exclusivas.

Doce experiencias para gozar da provincia: o Camiño de Santiago, os castelos do Sobroso e Soutomaior, a gastronomía, o mosteiro da Armenteira, a arquitectura contemporánea, os xardíns de camelias, rutas en moto e a natureza son algunhas das propostas recollidas.

Os rueiros recollen os principais monumentos e museos de Vigo e Pontevedra, e o mapa provincial proporciona unha visión xeral das estradas e principais puntos de interese turístico da provincia. Anónimo Advertising realizou un vídeo de promoción das guías, que tamén se poden descargar en versión pdf nesta web.

f_ turismoriasbaixas.com

No hay comentarios: