Coloquio Internacional Sine Iniuria in Pace Vivatur, en Lugo

A presentación  Coloquio Internacional Sine Iniuria in Pace Vivatur; A Construción do Imperio durante os Xulio-Claudios, que organiza do 22 ao 24 de novembro a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo da USC, contou na súa presentación coa Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, o Vicerreitor do Campus Terra, Javier Bueno Lema; e os organizadores do coloquio, Manuel Villanueva Acuña e María Dolores Dopico. 

García Porto subliñou que “somos conscientes da importancia da investigación histórica, por iso colaboramos con esta actividade que nos axuda a coñecer mellor a nosa cidade romana, e as singularidades da nosa provincia. Ademais, facemos diferentes colaboracións como as escavacións máis recentes no Castro do Castañoso, na Fonsagrada, ou a do Castro de Arxeriz, na Ribeira Sacra. Colaboramos tamén con distintos certámenes e simposios e, como non podía ser doutro xeito, a través da estreita relación coa USC, e máis singularmente co Campus Terra, nace esta aportación que facemos para o desenvolvemento deste coloquio, ao mesmo tempo que serve tamén de atractivo para todas aquelas persoas que dende calquera enclave do mundo se achegarán durante uns días á cidade de Lugo, conseguindo con isto que sexa un referente no mapa da historia romana”.

Trátase dun proxecto que conta cunha achega económica do Goberno da Deputación de Lugo de 3.000 euros, no que participaron historiadores, filólogos, epigrafistas, arqueólogos e técnicos, é dicir, un proxecto multidisciplinar. En definitiva, un total de 25 investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal. O obxectivo é analizar as dúas cidades de Callaecia, Lucus e Bracara Augusta, o impacto que estas cidades tiveron sobre o territorio, así como outros aspectos da sociedade e da economía.

Con este coloquio ponse fin ao Proxecto de Investigación de Excelencia do MINECO As fundacións urbanas de Callaecia e a creación dun novo espazo administrativo. Nel pretendese presentar os resultados obtidos ao longo do mesmo, do 2015 ao 2017, pero será tamén a ocasión de ampliar algunhas das cuestións estudadas a través desta reunión científica internacional. Para iso, propuxéronse a 25 investigadores procedentes de 18 universidades de España, Francia, Inglaterra, Italia e Portugal que presentan as súas achegas sobre o que considera un aspecto clave do Proxecto, a "construción" do imperio durante os xulio-claudios (finais do século I a.C. e primeira metade do Século I d.C.), con especial incidencia nos cambios das sociedades indíxenas.